12 mar 2011

Libreta viaxeira




Co gallo da Festa da Arribada,o alumnado do 1º Ciclo,realizou estes traballos tan orixinais coas súas familias.

Grazas por colaborar con nós.

11 mar 2011

Pterosaurio





Os alumnos/as de 1º de E.Primaria,fixeron este pterosaurio en plástica.Logo puxéronlle o nome de CHIQUI e inventaron pareados.

4 mar 2011

3 mar 2011

Os peques len



Onde perdeu Lúa a risa? de Miriam Sánchez, ilustrado por Federico Fernández, fala do valor dun sorriso dun neno. Premio Nacional de Ilustración Infantil e Xuvenil no ano 2001, as ilustracións son moi expresivas e secuenciadas, compañía perfecta para a pequena historia que completa o libro. Que sería do ser humano se non pode rir? Pero ao mesmo tempo que o ser humano necesita da ledicia, os animais e outros seres acompañarano, posto que a propia Lúa tamén quere rir.



Noraboa Sabela,porque preparaches moi ben este conto.
Os teus compañeiros/as gustoulles moito.

2 mar 2011

O meco manda



Que guapos!!!.
Que carapuchiñas máis fermosas!!!.

Mércores con mandil,trenzas e cesta.

Martes con mandil e trenzas.

O luns todos con mandil.

1 mar 2011

Entroido



Poema
Eu no entroido
teño medo
deste feo
cigarrón;
vai choutando
polas rúas
as súas chocas
fan ¡tolón!.
Pero gústame
o entroido
polos grelos
e o lacón
a cachucha
os chourizos
e entrecosto
e os roxóns.
Farémo-las
carautas
troulearemos
a cachón
pediremos
polas portas
filloas,chulas
roscón...
Ana Mª Fernández

Libreta viaxeira




Estes traballos tan creativos realizáronos os nenos/as do 1º Ciclo coas súas familias,para festexar "O Día de Rosalía de Castro".



Na clase ilustraron este bonito poema de Rosalía.