11 nov 2011

Magosto






Refráns
- Polo San Martiño mata o teu porquiño.
- A castaña a primeira,a noz a traseira.
- Se chove en agosto non hai magosto.
- Polo San Ciprián castañas maduras na mán.
- Tan honrado é o caldo coma as castañas.
- Temperá é a castaña que por setembro regaña.
- As castañas que despois de San Martiño quedan no souto son do moucho.

4 nov 2011

Explorando Baiona


Realizado no Obradoiro de Turismo de Baiona.
Primeiro,os monitores do Concello achegáronse ao colexio para presentarnos o vídeo.
Días máis tarde,fixemos un percorrido con eles para ver algúns dos lugares que víramos no vídeo.
Moitas grazas!!

A libreta viaxeira




Este curso estamos a traballar os bosques.
O alumnado do 1º Ciclo realizou este bonito traballos coas familias.

3 nov 2011

Visitamos Baiona




O día 28 de outubro,o alumnado de E.Infantil e 1º de E.Primaria,fixeron un percorrido por Baiona acompañados polos monitores do Obradoiro de Turismo do Concello.
Deron unha volta arredor do parador,coñeceron as praias,visitaron a Carabela Pinta e a lonxa,onde viron diferentes peixes,tamén polbos.
Finalmente, escenificaron no parque da Palma cando os piratas querían atacar a fortaleza Monterreal.