5 jun 2014

Viaxe Cultural

O alumnado do 1º Ciclo de E,Primaria visitou o Museo Arqueolóxico de Campo Lameiro. Fixeron un percorrido por un pequeno poboado da Idade de Bronce e polos petroglifos que se atopaban nesa contorna. Remataron a visita realizando un obradoiro de reproduccións dalgúns petroglifos. Pasámolo moi ben!!!

31 may 2014

Letras Galegas

Os alumnos/as de 2º de E.Primaria fixeron esta árbore e pegaron poemas de Xosé María Díaz Castro.
O alumnado de 1º de E. Primaria realizou un debuxo de algo relacionado con Galicia.



14 may 2014

Saída a Baiona


Saída a Baiona - Movie Maker


O luns,5 de Maio,os alumnos/as de E.Infantil e 1º Ciclo de E.Primaria saíron a Baiona.
Visitaron a Biblioteca Municipal e Mino leulles un conto sobre o mar,logo foron á lonxa e á Carabela Pinta.
Terminaron nos columpios do Parque da Palma.
Pasárono moi ben e ata viron unha tartaruga.

23 abr 2014

Día do Libro





O coelliño branco - Movie Maker


Hoxe,23 de Abril,para festexar "O Día do Libro",Jorge,que estaba de santo leunos na Biblioteca do colexio o libro "O coelliño branco".
Noraboa Jorge porque nos gustou moito o conto elexido.
Logo,ilustraron na clase o libro que máis lles gustaba.


Preme na imaxe para realizar as actividades sobre o libro.

2 abr 2014

Obra de teatro "Bon appétit"


Teatro - Video Maker

O alumnado do 1º Ciclo de Primaria,o día 1 de Abril,foron ao teatro a ver a obra "Bon appétit" representada polo grupo de teatro dos Ghazafelhos.
Pasárono moi ben e dixeron que lles gustara moito.