18 jun 2015

Fomento á lectura





















Viaxe a Pontevedra


Viaxe a Pontevedra - Kizoa Movie Maker

O día 9 de Xuño fomos visitar a cidade de Pontevedra.
Primeiro fomos ao museo e explicáronnos a Prehistoria.Ao sair do museo merendamos e logo cunha guía fixemos un percorrido pola cidade.
Ensinounos a Praza da Leña,da Verdura,da Ferrería,unha farmacia antiga...
Logo fomos ao lago Castiñeira a comer.
Despois de comer fomos a ver o castelo de Soutomaior, que nos gustou moito e regresamos a casa moi cansos.
Pasámolo moi ben e ademais estivo un día precioso!

16 jun 2015

As landras


As landras - Kizoa Movie Maker

Grazas a César Lema e a Patricia por achegarse ao noso colexio e explicarnos tan ben como se obtén a fariña de landras para facer pan.
O pan estaba riquísimo!




Preme nas imaxes para saber máis sobre os carballos.


14 jun 2015

O Planeta da Amizade




Para os nenos/as de 2º A amizade é...

As respostas foron as seguintes:
. Araceli : É cariño, amor e comprensión.
. Marina : Ter alguén que te queira e alguén que esté sempre ao teu lado.
. Nerea :Levarse ben cos compañeiros/as e compartir as cousas.
. Alba : É saber respectar aos demais e amosarlle o meu afecto nos bos e malos momentos.
. Abril : É compartir aventuras , xogos ,ademais de sorrisos e ledicias con outras persoas
. Cristina : A amizade é xogar con todos/as.
. Nayala : É compartir bos momentos con persoas distintas levándonos ben respectándonos uns aos outros.
. Anxo : A amizade é compartir, axudar e facerse amigo de todos/as.
. Adrián:  Ser amigos para xogar ,falar e disfrutar.
. Iago : Compartir cousas.
 . Carlos : Ser amigo de todos os nenos /as.
 . Jorge : É querer a alguén moito e estar preto de él cando te necesita.
 . Diego: É ser boa persoa, perdoar, defender e apoiar as persoas que o necesitan.
. Marcos : É ter un amigo que non o cambiaría por ninguén.
. Matías : É axudarse , compartir e dar cariño uns aos outros.
. Nicolás : Ser amigo de todos/as
. Fátima : Ter unha relación cun amigo/a. 


9 jun 2015

O homiño de papel



A nena aburríase na casa. Cos xoguetes de sempre xa non se entretiña. Un dia imaxinou, inventou e fixo un amigo de papel de periódico. O homiño de papel e mais a nena aprenderon a descubrir a vida, as cousas boas e malas que hai nela, e como se lles pode transmitir esperanza e alegria ós demais, mirando as accións humanas cos ollos da solidariedade.







Marcos preparou a lectura deste libro tan bonito para lerlle aos compañeiros/as do ano pasado.
Todos quedaron moi sorprendidos polo ben que leu e felicitárono.
Marcos quedou encantado con tantas frases bonitas que lle dixeron.
Moitas grazas a todos/as por permitir que vos lera ese conto.





Plantamos sementes























Robots


Robots - Kizoa Movie Maker

Moitas grazas a Susi por ensinarnos o movemento de varios robots e un dron levantándose do chan.
O alumnado gustoulle moitísimo.