Hoxe,festexamos o día da biblioteca entregando as mochilas e as libretas viaxeiras. Esperamos que o pasedes moi ben cos libros que están nas vosas mochilas e que as libretas viaxeiras regresen ao colexio con bonitos traballos. Boa viaxe!!!
É moi importante que os nenos/as adquiran bos hábitos na hixiene dental dende pequenos e por iso é moi importante ensinalos a cepillarse os dentes.
Cepillado correcto
Os pasos para un bo cepillado son: Utiliza unha pequena cantidade de pasta de dentes, con cantidades axeitadas de fluor. Verifica que os teus fillos non traguen a pasta de dentes. Os nenos deben usar un cepillo dental suave. Primeiro débese cepillar a superficie interior de cada dente, que é onde máis se acumula a placa. Cepillar suavemente de posterior anterior. Limpar as superficies exteriores de cada dente, colocando o cepillo en ángulo respecto da enxiva exterior. Cepillar suavemente de posterior anterior. Cepillar a superficie de mastigación de cada dente. Utilizar a punta do cepillo para limpar a parte posterior dos dentes anteriores, tanto superiores coma inferiores. Ao final pódese cepillar a lingua para eliminar as bacterias.Debes tomar polos menos uns 2 minutos.