31 ene 2012

Experimento aceites aromáticos





INVESTIGAMOS
Nunha das clases de Coñecemento do Medio de 2 de E. Primaria, realizamos un experimento para intentar resolver esta pregunta:

Para que poden servir algunhas plantas?.
Queremos descubrilo, e para conseguilo imos facer aceites aromáticos.

Para poder levar a cabo este experimento, o primeiro que fixemos foi buscar o material que íamos a necesitar, como: vaselina líquida, tarros, coadores e plantas aromáticas: menta, romeo, lavanda e loureiro.

Logo, fixemos anaquiños peuenos coas follas das plantas e puxemos cada un deles nun tarro.

A continuación, botamos unha pouca de vaselina líquida en cada tarro, tapamos os tarros e axitámolos para mesturar as plantas coa vaselina líquida.

Por último, esperamos tres días e coamos a vaselina líquida.

Xa obtivemos os aceites aromáticos e sacamos as seguintes conclusións:
1.- Cada aceite ule de forma diferente.
2.- O aceite que máis nos gustou foi o de romeo e o que menos, o de loureiro.
3.- Algunhas plantas serven para facer aceites aromáticos.
4.- Que é moi agradable recibir unha masaxe cos aceite que elaboramos.

Isto foi todo, ata o próximo experimento!.

Pombas da Paz








O alumnado do 1º Ciclo de E.Primaria,escribiu palabras ou lemas sobre a Paz e decoraron as pombas coas familias.

26 ene 2012

A pomba dona Paz






Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En canto o día amence vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños.
O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, unha data que contribuíu nos centros educativos de xeito moi especial á difusión da Educación para a Paz.
A pomba dona Paz é un relato para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática.
Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.


Dona Paz



Dona Paz saíu a pasear

e volveu sentíndose mal,

pois dáballe moita pena

o que vía pasar.



Había xente moi enfadada,

pegándose bofetadas;

con tanques e con misiles

facían guerras a miles.



"Carai que mundo máis feo!

O precioso que sería si todos

fosen amigos!".



Dona Paz sufría e sufría,

pero os homes

ningún caso lle facían.



"Si isto non se arregla

-pensou dona Paz-

ó planeta Marte

terei que emigrar".


Ramón Caride


23 ene 2012

Día da Paz


O día 30 de xaneiro de 1948 foi foi asasinado o líder nacional e espiritual da India, o "Mahatma" Gandhi. A súa filosofia tiña por principio fundamental a non violencia como forma de resolver os conflitos.O Día Escolar da Non-Violencia e a Paz foi declarado por primeira vez en 1964.


O mundo desexa Paz
e por iso é necesario
o diálogo,a tolerancia,
a xustiza e conseguir acordos
para vivir nun mundo mellor.
O noso arredor irá cambiando,
se poñemos paz dentro de Nós.

POEMA


Pombiña que escribes
co peteiro paz,
debuxa no ceo
as algas do mar.
Escribe un poema
cos versos de sal
e cóntalle ó vento
historias do val.
Pombiña que escribes
co peteiro paz.
Rebule algareira
aquí no pombal.

A. García Teijeiro



OTRA VEZ LA PALOMA

Venía del olivar
con un ramito de olivo
la paloma de la paz.
Los niños y la paloma
sacan del pecho el cantar:
la guerra se ha detenido,
mañana empieza la paz.

J.González Torices