25 jun 2012

Recursos verán


Preme nas imaxes

Lemos contos

Ruby tiene un orinal. Ella lo saca fuerta para jugar, lo llena de animales, lo utiliza de sombrero... Pero ¿sabe para qué sirve un orinal? No, de hecho, no lo sabe. Este libro de la colección Luna de papel es perfecto para que los niños empiecen a utilizar el orinal. Cando o coello branco vai á horta a buscar coles para preparar un rico caldo, non se imaxina que unha cabra malvada se vai instalar na casa impedíndolle entrar. Corre a pedirlle axuda ao boi, ao galo e ao can, pero todos lle teñen medo á cabra. Ata que unha formiga pequena e intelixente lle presta a súa axuda, entra pola fechadura e pícalle á cabra na barriga. A cabra cabresa fuxe despavorida e o coello contento invita aos seus amigos a comer. Guillermo,Noelia e Lara leron uns contos moi bonitos aos seus compañeiros/as. Noraboa por ler tan ben!!!. Ata o vindeiro curso!!!

Eu son


Eu son - presentacion imagenes

Os alumnos/as de 1º de E.Primaria ao rematar o curso debuxáronse e logo escribiron algo sobre eles.
Así é como se ve cada un deles.

20 jun 2012

Libreta viaxeira



Este curso estivemos a traballar na libreta viaxeira "os bosques".
Este é o último traballo que o alumnado do 1º Ciclo realizou coas familias.
Non debemos esquecer que temos que coidar o medio onde vivimos.

7 jun 2012

Conservación do monte

O día 5 de xuño o alumnado de E.Infantil,1º Ciclo e 3º de E.Primaria realizaron varias actividades sobre a conservación do monte e os animais que nel habitan.
Dividíronos en varios grupos e realizaron os seguintes obradoiros:
- Obradoiro Compostaxe:
  O alumnado aprendeu a reciclar o lixo.
- Obradoiro Aves:
   Escoitaron sons das aves e logo observáronas cos prismáticos.
Obradoiro Pintar Niños:
  Pintaron niños para logo colocalos nas árbores.
- Obradoiro Plantación:
  Coñeceron o freixo,o carballo e o cerquiño.Non puideron plantar esas árbores porque chovía.
Aprenderon un xogo que realizaron cantando e ao final entregáronlle un diploma.
Divertíronse e aprenderon moitas cousas no día do Medio Ambiente. 

30 may 2012

Día do Medio Ambiente

Preme na imaxe

Xogo sobre o medio ambiente
O 5 de xuño celebramos o "Día Mundial do Medio Ambiente". Este ano o tema é a Economía Verde que pretende mellorar o benestar humano reducindo os danos ecolóxicos. Temos que esforzarnos todos en reducir a contaminación da natureza.

Lemos un conto

Os Bolechas van facer un carro. Loli debuxa os planos. Primeiro miden e serran a táboa. Teñen que ter coidado coas puntas. ¡Pili bateu co martelo nun dedo de Carlos e dóelle moito! Poñen os eixos e as rodas dunha bicicleta vella. Loli ata unha corda no eixo dianteiro para guiar o carro. ¡Xa está! ¡Semella un coche de carreiras! Próbano por unha costa e baixa moi rápido. Cada vez máis. Non hai maneira de paralo porque Loli esqueceu pórlle freos. Parou batendo contra un cubo de lixo. ¡Vaia golpe! O próximo carro ten que levar freos.

Bolechas - diapositivas

A Diego Peña gústanlle moito os contos dos Bolechas.Hoxe trouxo a clase "Os Bolechas fan un carro" para agasallarnos coa súa lectura.
Felicitámolo polo ben que leu e por elexir un conto que lles gustou moito aos seus compañeiros/as.