24 feb 2016

15 feb 2016

Día de Rosalía de Castro


Preme na imaxe

A AELG propón a elaboración e envío dunha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e cun verso ou estrofa que actúe de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. Convidamos a que este traballo se realice na semana previa ao 24 de febreiro, para que ese día concreto se proceda desde os centros a un envío das postais aos enderezos das familias do alumnado, como agasallo rosaliano personalizado pola rapazada. Como texto propoñemos a seguinte estrofa de “Alborada”, tamén de Cantares gallegos:
Canta, paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.

9 feb 2016

Entroido


Como estamos a traballar os valores,este ano o noso Entroido foi solidario.
Disfrazámonos de diversas ONGS.
O alumnado de 3º de E.Primaria disfrazouse da Cruz Vermella,que é un momevento humanitario mundial.
Axuda as persoas que máis o necesitan.
Eles piden a nosa colaboración.
Faite socio.