4 feb 2011

Lemos os peques


UN era un número moi pequeno. Sempre estaba só e sentía envexa dos demais, que tan superiores lle parecían. Un día, o Rei Menos deulle os planos para construír unha arma terrible: o Signo MENOS.

Facendo un uso simbólico e metafórico da operación matemática de restar, Juan Darién achéganos á loucura das guerras orixinadas por mor da crenza, de que todo aquilo que é diferente supón unha ameaza. Esta obra dedícase a desarmar semellante falacia e pon o acento en afirmar que o coñecemento dos outros enriquece e engrandece: non resta, suma.




O 1º Ciclo de E.Primaria,este trimestre, iniciou a actividade "Lemos os peques".
Cada venres,na hora de lectura,un alumno/a do Ciclo lerá un libro aos demais compañeiros/as.
Iniciou a lectura,Noa Mariño,alumna de 2º curso.
Noraboa a Noa polo ben que o fixo.

No hay comentarios: