1 feb 2013

María Fumaça

María Fumaça é unha divertida, atolada e sensible locomotora musical. É un proxecto literario e audiovisual, constituído por un libro máis un CD e un DVD con Ruí como protagonista, un cativo que a pesar das súas dificultades pode gozar da música, cantar e bailar. Diferentes artistas galegos uníronse para cantar máis de vinte temas para celebrar a alegría de vivir. Mais tamén porque é unha defensa da vida fronte a discapacidade.

María Fumaça, a alegre e colorida locomotora de vapor, percorre vales e montañas e disponse a visitar todas as paisaxes coma se fose un paxariño incansable que non precisa máis que ilusión e alegría para viaxar. ¿Queredes subirvos ao tren e viaxar de estación en estación?

No hay comentarios: