4 nov 2015

Lembranzas





Xurxo, o pai de Marina de 3º de primaria, subiu ao colexio para lembrar o seu paso polo colexio de Fontes.
Xa que foi un dos que inauguraron este centro.

Entrevista

1-En  que ano estiveches nesta escola?
No curso 80-81e 81-82
             2 cursos

 2-Que recordos gardas do te paso por Fontes?
Aos amigos daqueles anos.
Aos profesores que me deron clase.
A viaxe de fin de curso a Mallorca con Mino e Ángel.
Os campionatos  que se celebraban os sábados e que iamos no coche de Mino.
O magosto no Cortelliño , xa que nós non coñeciamos esa festa.
Todos son moi bos recordos.

3-Que diferencias atopas coa escola de agora?
Agora hai máis actividades e moitas máis saídas . Tamén hai outros medios para traballar nas clases, por exemplo: ordenadores , pantallas...

4-Tiñades biblioteca? Como era? Que recordas?
Sí. Estaba no mesmo lugar,pero os libros eran para maiores.Non eran tan bonitos como os de agora.
Creo lembrar que iamos unha vez o mes. O encargado era Ángel.
No recreo estaba aberta.

5-Cantos cursos había?
Por suposto máis que agora . Había de 1º a 8º. Infantil non estaba no colexio.Eramos uns 400 alumnos/as e moitos autobuses para transportarnos.

6-Que profesores che deron clase?
Ángel, Mino, Mª Fe, Magdalena , José Luis Cadenas, José Luis...

7-As clases eran soamente de mañá como agora?
As clases eran de mañá e de tarde e logo tiñamos algunha actividade.

8-Por que trouxeches a túa filla a este colexio?
Porque é o colexio no que estudei e téñolle moito cariño.

9-A que xogabades no recreo?
Ao fútbol, ás canicas, ao brilé, a peonza...

10-Faciades excursións?
Soamente a de fin de curso en oitavo e para iso vendiamos rifas

11-Erades moitos en clase?
As clases eran moi numerosas, uns 28 ou 29 alumnos por clase

12-Outros recordos?
Que Ángel nos falaba de cine, de música, xa que antes non tiñamos esta asignatura e por suposto de libros.

13-Actividades que faciades no colexio?
Magosto, festival de Nadal, entroido e a excursión ao  rematar oitavo .

14-Que asignatura era a túa preferida? Por que?
Sociais. Gustábame como explicaba o profesor.Ese profesor era Mino.

15-Algunha anécdota?
Sí, na excursión de fin de curso.
Era o campionato de fútbol e cando cantaron o himno galego o xornalista dixo que estaba soando o himno polaco. Nós coincidimos cunha excursión de rapazas e na porta do hotel con Ángel e Mino cantámoslle o himno galego dicindo que era o himno polaco.
O alumnado non sabía cantar o himno galego e rematamos a entrevista entoándoo e a profe de inglés uniuse a nós para cantar.
Un día moi especial.!!!!
Grazas Xurxo .Pasamos un rato moi agradable e estivemos encantados de que nos contases tantas cousas do noso colexio.
Ata a próxima.!!!!




No hay comentarios: