2 dic 2015
26 nov 2015
Día do mestre
27 de Novembro
Festividade de San Xosé de Calasanz , patrón dos Mestres.
Festividade de San Xosé de Calasanz , patrón dos Mestres.
APRENDER É ALGO TAN IMPORTANTE QUE NOS ACOMPAÑARÁ AO
LONGO DE TODA A NOSA VIDA.
A
LOS NIÑOS LES GUSTA…
A los niños les gusta…
sentarse a tu lado
y observar tus dulces gestos
con ojitos asombrados.
A los niños les gusta…
cuando te acercas despacio
y les regalas caricias
y les das un fuerte abrazo.
A los niños les gusta…
cada cosa que enseñas,
cuando calmas su llanto,
cuando un cuento les cuentas.
A los niños les gusta…
regalarte un ruidoso beso
y el dibujo de un corazón enorme,
con su nombre y el tuyo impresos.
A los niños les gusta…
que les enseñes a conjugar,
con estos pequeños gestos,
el verbo amar.
Nilda Zamataro
19 nov 2015
Película "Maimiño"
La película relata la historia de un pequeño campesino que, para sacar a su familia de la pobreza, inicia un largo camino lleno de aventuras. La revisión de Pulgarcito incorpora una metáfora de la sabiduría y la inteligencia y ensalza valores como el amor, la amistad, el honor y la justicia.
Os nenos/as de 1º,2º e 3º de E.Primaria o luns,irán ao Auditorio de Baiona a ver a película "Maimiño"
Maimiño - Kizoa Movie Maker
Os alumnos/as de 1º,2º e 3º de E.Primaria foron ao Auditorio de Baiona a ver a película "Maimiño".
Saíron moi contentos e logo visitaron a Carabela Pinta e xogaron no parque da Palma.
Un día moi divertido.!!!.
Despois de ver a película os nenos/as sacaron estas conclusións:
.Todos podemos ser amigos a pesar das diferenzas.
.Non se debe mentir para conseguir algo.
.Todas as persoas merecen unha oportunidade.
.A filla do rei era moi boa, porque se disfrazou de ladroa para
roubarlle o diñeiro ao seu pai e darllo aos pobres.
.Todas as persoas poden cumprir o seu soño, como Maimiño que casou coa
princesa a pesar de ser pobre.
.Ninguén se debe rir de ninguén .
.Non se pode ser egoísta como o rei que nin lle daba diñeiro a súa
filla.
20 de Novembro
Os nenos/as de 3º de E.Primaria estiveron a traballar os dereitos dos nenos e participaron no mural que fixo todo o alumnado para conmemorar ese día.
Experimento
Brúxula - Kizoa Movie Maker
Adrián,fixo o experimento na casa e logo explicoullo aos seus compañeiros/as.
Estiveron todos entusiasmados mirando a onde se dirixía a brúxula.
Excelente Adrián!
Con nenos/as así da gusto traballar.
13 nov 2015
Experimento
Materiais...reciclables!
Unha botella transparente.
Pedras e area
Un recipiente pequeno
Papel transparente de cociña
Unha botella transparente.
Pedras e area
Un recipiente pequeno
Papel transparente de cociña
Fenomenal Jorge!
Fantástico Diego!
Moi ben Cris!
Sensacional Adrián!
Que ben traballades.
4 nov 2015
Lembranzas
Xurxo, o pai de Marina de 3º de primaria, subiu ao
colexio para lembrar o seu paso polo colexio de Fontes.
Xa que foi un dos que inauguraron este centro.
Entrevista
1-En que ano estiveches nesta escola?
No curso 80-81e 81-82
2
cursos
2-Que recordos gardas do te paso por Fontes?
Aos amigos daqueles anos.
Aos profesores que me deron clase.
A viaxe de fin de curso a Mallorca con Mino e Ángel.
Os campionatos que se celebraban os sábados e que iamos no
coche de Mino.
O magosto no Cortelliño , xa que nós non coñeciamos
esa festa.
Todos son moi bos recordos.
3-Que
diferencias atopas coa escola de agora?
Agora hai máis actividades e moitas máis saídas . Tamén
hai outros medios para traballar nas clases, por exemplo: ordenadores ,
pantallas...
4-Tiñades
biblioteca? Como era? Que recordas?
Sí. Estaba no mesmo lugar,pero os libros eran para maiores.Non
eran tan bonitos como os de agora.
Creo lembrar que iamos unha vez o mes. O encargado
era Ángel.
No recreo estaba aberta.
5-Cantos
cursos había?
Por suposto máis que agora . Había de 1º a 8º.
Infantil non estaba no colexio.Eramos uns 400 alumnos/as e moitos autobuses
para transportarnos.
6-Que
profesores che deron clase?
Ángel, Mino, Mª Fe, Magdalena , José Luis Cadenas,
José Luis...
7-As
clases eran soamente de mañá como agora?
As clases eran de mañá e de tarde e logo tiñamos
algunha actividade.
8-Por
que trouxeches a túa filla a este colexio?
Porque é o colexio no que estudei e téñolle moito
cariño.
9-A
que xogabades no recreo?
Ao fútbol, ás canicas, ao brilé, a peonza...
10-Faciades
excursións?
Soamente a de fin de curso en oitavo e para iso
vendiamos rifas
11-Erades
moitos en clase?
As clases eran moi numerosas, uns 28 ou 29 alumnos
por clase
12-Outros
recordos?
Que Ángel nos falaba de cine, de música, xa que
antes non tiñamos esta asignatura e por suposto de libros.
13-Actividades
que faciades no colexio?
Magosto, festival de Nadal, entroido e a excursión ao rematar oitavo .
14-Que
asignatura era a túa preferida? Por que?
Sociais. Gustábame como explicaba o profesor.Ese
profesor era Mino.
15-Algunha
anécdota?
Sí, na excursión de fin de curso.
Era o campionato de fútbol e cando cantaron o himno
galego o xornalista dixo que estaba soando o himno polaco. Nós coincidimos
cunha excursión de rapazas e na porta do hotel con Ángel e Mino cantámoslle o
himno galego dicindo que era o himno polaco.
O alumnado non sabía cantar o himno galego e
rematamos a entrevista entoándoo e a profe de inglés uniuse a nós para cantar.
Un día moi especial.!!!!
Grazas Xurxo .Pasamos un rato moi agradable e
estivemos encantados de que nos contases tantas cousas do noso colexio.
Ata a próxima.!!!!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)





















