18 mar 2011

Día mundial da auga


Os Bolechas queren saber como aforrar auga. Quen deixou aberta a billa do cuarto de baño? Coa billa aberta malgástanse moitos litros! Cada litro que gastamos de máis é un litro que perde a Terra.


Auga para as cidades: respondendo ao desafío urbano

O obxectivo do Día Mundial da Auga 2011 é centrar a atención internacional sobre o impacto do rápido crecemento da poboación urbana, a industrialización e a incerteza causada polo cambio climático, os conflitos e os desastres naturais sobre os sistemas urbanos de abastecemento de auga
A auga é un recurso imprescindible e escaso.
Debemos consumir auga dun modo responsable.
Consumo responsable
1.Pecha a billa mentres estás a cepillar os dentes.
2.Non deixes correr a auga da billa sin necesidade.
3.Pon a lavadora e o lavavaixelas cando estén ben cheos.
4.Lava o coche nun lavacoches e non coa mangueira na casa.
5.Non desconxeles os alimentos poñéndoos debaixo da billa.
6.Dúchate e non te bañes.
7.Non xogues nunca coa auga.
8.Aproveita a auga de cocer para regar as plantas.
9.Se tes piscina debes tratar a auga durante o inverno,e así non terás que cambiar a auga durante o verán.
10.Non regues demasiado.



No hay comentarios: