22 abr 2011
23 de Abril "Día do Libro"
O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor (World Book and Copyright Day) celébrase todos os anos o 23 de Abril. O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel internacional co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.
O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial, xa que ese día no ano 1616 faleceron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
En España nesta data faise a entrega anual dos Premios Cervantes,o maior galardón realizado aos autores hispanos.
Non esquezades mercar un libro nese día.
Falaremos deses libros á volta de vacacións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Que tal, profe?
Mañá virá ao cole?
Moitos bicos, esperando vela!
Publicar un comentario