Eu tiña unha arela:
¡quería ser Flor!
E un día,unha fada,
rosiña cheirosa,xentil,me tornou.
Lucín no teu peito,
sentín latexos do teu corazón.
¡O lume era tanto e estaba tan preto
que a rosa queimou!
Ramón Cabanillas
Poema
Preguntaba un neno ó vento
se lle podía encargar
un anaquiño de ceo
para podelo pintar.
O ventiño contestoulle:
"Non é doado,rapaz,
porque o ceo está doente
e téñeno que sandar".
O neno quedou calado
e marchou de alí correndo.
Deulle ó vento unha menciña
para que a levase ó ceo.
Antonio García Teijeiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario