4 mar 2016

Festa da Arribada


Festa da Arribada - Kizoa Movie Maker

Ruta Pinzoniana


1-Monolito da Arribada
Na súa parte frontal ten unha carabela esculpida por Anxo Fernández e unha placa cun texto alusivo a dita data.


2- Réplica da Carabela Pinta
Construíuse con motivo da celebración do V Centenario da Arribada  da Carabela Pinta. O día 1 de marzo de 1.493, a Carabela Pinta capitaneada por Martín Alonso Pinzón atracou neste porto.


3-Azulexo da Arribada
Reflexa as rutas tomadas por Pinzón e Colón ,coas carabelas Pinta e Niña respectivamente, ao regreso do Novo Mundo.
A Pinta chegou a Baiona (1 de marzo de 1493) e a Niña a Lisboa (10 de marzo de 1.493)


4- Pozo da Aguada
Según a tradición ,serviu para abastecer de auga á Carabela Pinta ,antes de partir de Baiona a Palos da Fronteira.
Os tripulantes levaron auga deste pozo para abastecerse durante a travesía.


5- Estatua de Pinzón
Foi un obsequio de Palos da Fronteira( ( Huelva ).
Representa ao capitán da Carabela Pinta ,Martín Alonso  
Pinzón e foi inaugurada en 1977. É obra de A. León Ortega.


6- Monumento Encontro entre Dous Mundos
Erixida ao pé do Monte Boi ,moi próximo ao lugar onde foi enterrado o primeiro nativo americano.
A escultura realizada en granito representa a Galicia, América, á emigración e ao retorno, colocadas ao redor dunha gran esfera que simboliza o mundo e que contén no seu interior mostras de terra de 22 países Iberoamericanos e depositadas polos seus embaixadores o día da inauguración que foi o 1 de marzo de 1993 por S.A.R Don Felipe de Borbón para conmemorar o V Centenario da Arribada da Carabela Pinta a Baiona.
É obra de Magín Picallo.













No hay comentarios: