17 mar 2016

Profes por un día


Profes por un día - Kizoa Editar Videos - Movie Maker


Profes por un día


O alumnado de 3º de E.Primaria de Fontes, despois de estudar a súa localidade, fixo un percorrido por Baiona para ser profesores por un día.
Cada neno/a preparou un monumento ou lugar emblemático de Baiona e explicoullo aos seus compañeiros/as.
Estando escoitando a explicación sobre o concello atopámonos co Sr. Alcalde que nos invitou a entrar para ensinarnos o concello, pero como xa estiveramos o curso pasado ensinounos algo que non víramos.
Logo, continuamos a nosa visita porque ás once e media tiñamos que estar no Museo da Navegación . Ao chegar recibiunos Rosa. Agradecémoslle moito a explicación tan pedagóxica que nos deu .
Ao rematar a visita, sorpresa,un agasallo!!!
Non esperaban nada e quedaron encantados.
Moitas grazas a Rosa e ao concello porque lles encantou.
Cantas cousas aprenderon!!!
Felicito a todos os nenos/as polo ben que explicaron  e polo atentos que estiveron .

Pasamos un día fantástico! .

No hay comentarios: