27 oct 2011
Celebramos o Samaín
LIM, preme na imaxe
Pastel de cabaza
INGREDIENTES:
500 grs. de cabaza (cocida ou asada)
250 grs. de fariña
4 ovos
1 sobre de fermento
200 gramos de azucre
2 cucharadas de manteiga
PREPARACIÓN:
Nun recipiente, batemos os ovos enteiros xunto co azucre e a manteiga derretida, ata que a mestura adquira unha cor esbrancuxada.
Agregamos a cabaza ben triturada e, para rematar, a fariña tamizada xunto co fermento.
Mesturamos todo ben e botamos ao molde. Introducimos ao forno, que estará precalentado, a uns 180ºC durante uns 40 minutos aproximadamente.
Celebramos O Samaín pintando cabazas e Ismael sorprendeunos cunha cabaza realizada pola súa familia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario