19 oct 2011
Cepillamos os dentes
É moi importante que os nenos/as adquiran bos hábitos na hixiene dental dende pequenos e por iso é moi importante ensinalos a cepillarse os dentes.
Cepillado correcto
Os pasos para un bo cepillado son:
Utiliza unha pequena cantidade de pasta de dentes, con cantidades axeitadas de fluor. Verifica que os teus fillos non traguen a pasta de dentes.
Os nenos deben usar un cepillo dental suave. Primeiro débese cepillar a superficie interior de cada dente, que é onde máis se acumula a placa. Cepillar suavemente de posterior anterior.
Limpar as superficies exteriores de cada dente, colocando o cepillo en ángulo respecto da enxiva exterior. Cepillar suavemente de posterior anterior.
Cepillar a superficie de mastigación de cada dente.
Utilizar a punta do cepillo para limpar a parte posterior dos dentes anteriores, tanto superiores coma inferiores.
Ao final pódese cepillar a lingua para eliminar as bacterias.Debes tomar polos menos uns 2 minutos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario