31 ene 2012

Experimento aceites aromáticos





INVESTIGAMOS
Nunha das clases de Coñecemento do Medio de 2 de E. Primaria, realizamos un experimento para intentar resolver esta pregunta:

Para que poden servir algunhas plantas?.
Queremos descubrilo, e para conseguilo imos facer aceites aromáticos.

Para poder levar a cabo este experimento, o primeiro que fixemos foi buscar o material que íamos a necesitar, como: vaselina líquida, tarros, coadores e plantas aromáticas: menta, romeo, lavanda e loureiro.

Logo, fixemos anaquiños peuenos coas follas das plantas e puxemos cada un deles nun tarro.

A continuación, botamos unha pouca de vaselina líquida en cada tarro, tapamos os tarros e axitámolos para mesturar as plantas coa vaselina líquida.

Por último, esperamos tres días e coamos a vaselina líquida.

Xa obtivemos os aceites aromáticos e sacamos as seguintes conclusións:
1.- Cada aceite ule de forma diferente.
2.- O aceite que máis nos gustou foi o de romeo e o que menos, o de loureiro.
3.- Algunhas plantas serven para facer aceites aromáticos.
4.- Que é moi agradable recibir unha masaxe cos aceite que elaboramos.

Isto foi todo, ata o próximo experimento!.

No hay comentarios: