Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En canto o día amence vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños.
O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, unha data que contribuíu nos centros educativos de xeito moi especial á difusión da Educación para a Paz.
A pomba dona Paz é un relato para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática.
Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.
Dona Paz
Dona Paz saíu a pasear
e volveu sentíndose mal,
pois dáballe moita pena
o que vía pasar.
Había xente moi enfadada,
pegándose bofetadas;
con tanques e con misiles
facían guerras a miles.
"Carai que mundo máis feo!
O precioso que sería si todos
fosen amigos!".
Dona Paz sufría e sufría,
pero os homes
ningún caso lle facían.
"Si isto non se arregla
-pensou dona Paz-
ó planeta Marte
terei que emigrar".
Ramón Caride
No hay comentarios:
Publicar un comentario