Os Bolechas van facer un carro. Loli debuxa os planos. Primeiro miden e serran a táboa. Teñen que ter coidado coas puntas. ¡Pili bateu co martelo nun dedo de Carlos e dóelle moito! Poñen os eixos e as rodas dunha bicicleta vella. Loli ata unha corda no eixo dianteiro para guiar o carro. ¡Xa está! ¡Semella un coche de carreiras! Próbano por unha costa e baixa moi rápido. Cada vez máis. Non hai maneira de paralo porque Loli esqueceu pórlle freos. Parou batendo contra un cubo de lixo. ¡Vaia golpe! O próximo carro ten que levar freos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario