O día 28 de maio,o alumnado de E.Infantil,1º Ciclo e 3º de E.Primaria,visitamos a granxa do Rexo en Allariz. Ao chegar recibíronnos Aldara e Carlos que nos falaron dos animais que había nese lugar,ensináronnos os seus sons e puidemos tocar a lá das ovellas que raparan. Logo saímos fóra e aprendemos unha canción antes de entrar na granxa.Cando entramos ensináronnos os utensilios que se necesitan para realizar algunhas tarefas coas ovellas,o lugar onde as muxen e tamén como se elabora o queixo. Pasámolo moi ben porque puidemos tocar un can e as ovellas,darlle o biberón e ata nos deron a proba do queixo. Estaba riquísimo!!!
Xantamos o carón do río Arnoia e para rematar visitamos uns xardíns preciosos que este ano están adicados a auga. Grazas a Aldara e Carlos que foron moi cariñosos con nós e explicáronnos todo moi ben.

Foi unha viaxe fantástica!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario