17 dic 2013

Un xoguete para cada idade


Recollido (La voz de la escuela)

Dez claves para escoller os agasallos de Nadal

Ante a dúbida de comprar un xoguete ou non,debes preguntarte:

1.- Está adaptado a idade do neno/a?
2.- Gustaralle a este neno/a en concreto,segundo a súa forma de ser e gustos personais?
3.- Vénlle ben para o seu desenvolvemento intelectual,físico,social ou emocional?
4.- É divertido? Pode ser educativo... pero aburrido.
5.- É diferente doutros xoguetes que xa ten?
6.- É de boa calidade?
7.- É seguro? Revisa a etiqueta,onde ten que aparecer o nome,a marca rexistrada e a dirección do fabricante dentro da comunidade europea.
8.- Vai necesitar usar a súa imaxinación cando xogue con él? Animaralle a xogar con outros de forma cooperativa?
Os xoguetes que fan todo non son os máis divertidos.
9.- É práctico?
10.- Pódelo permitir?
Se responde afirmativamente a maioría das cuestión,o xoguete é, probablemente, unha boa compra.

                                                                                         Ana T.Jack
                            (La voz de la escuela)

No hay comentarios: