Onte,os nenos/as de Fontes e Belesar tiveron un contacontos sobre a igualdade no noso colexio.
laura quería ser pirata
Laura é unha nena tímida á que que lle da moita
vergoña falar en público pero cando está soa na habitación cambian as tornas e
convértese nunha pirata. Encántalle todo sobre os piratas , pero non llo di a
ninguén porque ten medo de que se rían
dela.
Nesta aventura a través da imaxinación e coa axuda
das pistas que a súa nai lle deixa a través das figuras de papiroflexia, Laura
vai desentrañando onde se atopa o tesouro que tanto desexa “ser pirata por un
día”. Polo camiño demostra ser lista,tenaz,hábil, rápida,... e o que é mellor
demóstralle ao incrédulo do seu irmán que as mulleres tamén poden ser piratas e
calquera outra cousa que se propoñan.
A través deste conto os nenos e nenas aprenderon
unha lección sobre a igualdade no ámbito laboral.
O doutor Tilla falounos da enfermidade de Mach e
pasamos un rato fantástico con él.
Un conto sensacional e moi ben posto en
escena!!!!
Moita fantasía e imaxinación.!
Ser libre no es meramente deshacerse de las cadenas de uno, sino vivir de una forma que respete y mejore la libertad de los demás.-Nelson Mandela.
-Igualdad para la mujer es progreso para todos.-Ban Ki-moon.
No hay comentarios:
Publicar un comentario