Festa da Arribada - Kizoa Movie Maker
Ruta Pinzoniana
1-Monolito
da Arribada
Na súa parte frontal ten unha carabela esculpida por Anxo
Fernández e unha placa cun texto alusivo a dita data.
2-
Réplica da Carabela Pinta
Construíuse con motivo da
celebración do V Centenario da Arribada
da Carabela Pinta. O día 1 de marzo de 1.493, a Carabela Pinta
capitaneada por Martín Alonso Pinzón atracou neste porto.
3-Azulexo
da Arribada
Reflexa as rutas tomadas por
Pinzón e Colón ,coas carabelas Pinta e Niña respectivamente, ao regreso do Novo
Mundo.
A Pinta chegou a Baiona (1
de marzo de 1493) e a Niña a Lisboa (10 de marzo de 1.493)
4-
Pozo da Aguada
Según a tradición ,serviu
para abastecer de auga á Carabela Pinta ,antes de partir de Baiona a Palos da
Fronteira.
Os tripulantes levaron auga
deste pozo para abastecerse durante a travesía.
5-
Estatua de Pinzón
Foi un obsequio de Palos da
Fronteira( ( Huelva ).
Representa ao capitán da
Carabela Pinta ,Martín Alonso
Pinzón e foi inaugurada en
1977. É obra de A. León Ortega.
6-
Monumento Encontro entre Dous Mundos
Erixida ao pé do Monte Boi ,moi
próximo ao lugar onde foi enterrado o primeiro nativo americano.
A escultura realizada en
granito representa a Galicia, América, á emigración e ao retorno, colocadas ao
redor dunha gran esfera que simboliza o mundo e que contén no seu interior
mostras de terra de 22 países Iberoamericanos e depositadas polos seus
embaixadores o día da inauguración que foi o 1 de marzo de 1993 por S.A.R Don
Felipe de Borbón para conmemorar o V Centenario da Arribada da Carabela Pinta a
Baiona.
É obra de Magín Picallo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario